publicidade hoxe

Un grupo de veciños de Touro viaxan de excursión a Baiona e Valença do Minho

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTouro
A-
A+
Veciños de Touro na visita a Baiona

Veciños de Touro na visita a Baiona

Medio centenar de veciños e veciñas de Touro visitaron o pasado fin de semana a localidade de Baiona. Alí puideron gozaron dun percorrido pola vila mariñeira protexida do mar aberto pola súa preciosa bahía. Xa pola tarde do pasado domingo, os excursionistas visitaron a cidade portuguesa de Valença do Minho, onde puideron facer compras nos seus tradicionais comercios. O Concello programa ao longo do ano unha serie de excursións a diferentes puntos da xeografía galega e do resto de España. Para o último fin de semana de setembro está programada unha excursión ao Val do Silencio, situado na comarca do Bierzo. Está programada unha visita ás Medulas.

22 de xullo de 2015 | 18:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.