publicidade hoxe

Tres décadas de éxito da Moexmu

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCospeito
A-
A+

Fai trinta anos, o 6 de xullo de 1.985, na parroquia de Muimenta comenzaba a andar, nunhas casetas de xestas ubicadas no parque infantil, xunto coas Festas Patronais, unha exposición de artesanía, organizada por un grupo de veciñ@s: inaugurábase a MOEXMU.

A Mostra Exposición de Muimenta, ao longo destas tres décadas, soupo manter as súas esencias. Pasou de ser unha feira de artesanía, a ampliarse con maquinaría, automóbiles, e co concurso, exposición e poxa de gando selecto, Pero tamén foron nacendo novos eventos a súa sombra, como a Feira do Coche Usado, ou a de Cans da Caza, o Torneo de Agility, a Ruta-Quedada ciclista, pero destacamos, entre todos eles, a Festa da Filloa, hoxe recoñecida de Interese Turístico de Galicia. 

Ao longo destos anos, a Moexmu, baixo a premisa de seguir innovando pero conservando os seus orixes, soupo manter o espíritu das feiras tradicionais que existiron e existen en Galicia, promocionando o seu carácter gandeiro e agrícola (o principal motor económico da Terra Cha), potenciando o Concurso e a Poxa de Gando, e que se convertiron nun referente en España. 

Pero ao longo destos anos, a Moexmu viviu, e participou en primeira persoa, nos cambios que se produxeron na sociedade: profesionalizouse, cambiou de data de celebración (de xullo a abril) e ata de ubicación, deixando os terreos do parque infantil e do actual Colexio, ao Recinto Feiral “Manuel Vila López”, mercado cos cartos dunha masa forestal que lle correspondía aos veciñ@s. Coñezou boas épocas, pero tamén as compricadas, sobre todo a nivel orzamentario, pero soupo adaptarse ás necesidades de cada momento, ademáis, nunca faltaron as ganas de traballar de todos os veciñ@s da parroquia (e pobos cercanos) que lle permiten ser todo un símbolo. 

A organización da Moexmu pasou, dun grupo de veciñ@s que entorno a Asociación Cultural “Aquilino Iglesia Alvariño” deron os primeiros pasos, a dar o relevo, no ano 1.988, aos empresarios do pobo a través de, hoxe, seis comisións rotatorias, sistema que perdura, pero agora baixo o amparo da Asociación de Empresarios de Muimenta. 

Máis de oitenta autónom@s de Muimenta organizaron a MOEXMU en algunha edición, ao que se lle ten que sumar o respaldo e traballo dos conveciñ@s, e de Africor Lugo, así como o das Administracións Públicas: Concello de Cospeito, Fundación Comarcal, Deputación de Lugo, Xunta de Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela, ademáis das empresas que colaboran dun xeito ou outro coa súa organización.

Quen nos ía dicir que continuaría trinta anos despois, e xunto a ela, a Filloa – Festa de Interese Turístico de Galicia, que a piques estivo de ser de Interese Turístico Nacional, e co  Concurso de Gando Frisón, dos mellores a nivel estatal.

A MOEXMU, quere agradecer no nome de tod@s e cada un d@s veciñ@s de Muimenta e en especial dos seus organizadores, a todas aquelas persoas e institucións que ano tras ano, edición tras edición, contribuiron dunha maneira ou outra a chegar ao día de hoxe; a tod@s, por pequena ou grande que fora a súa contribución: MOITAS GRAZAS.

3 de xullo de 2015 | 10:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.