publicidade hoxe

Touro acondiciona os centros sociais de varias parroquias

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTouro
A-
A+

O Concello de Touro está acondicionando durante os meses de bo tempo alguns dos edificios e instalacións de uso social que están ubicadas nas parroquias. A cuadrilla municipal contratada polo Concello de Touro adícase á posta a punto destas instalacións para que os veciños poidan utilizalas durante o ano. A cuadrilla de traballadores do Concello de Touro traballa estes días na reparación do local social da parroquia de Ribeira, na beira do río Ulla. Alí están acondicionando o interior do edificio con novo chan de plaqueta e tamén o exterior. Tamén foi renovado o pavimento exterior onde se ubica o centro social e que é utilizado polos veciños para a celebración de festas e outros actos lúdicos. Os traballadores contratados polo concello para estas tareas seguirán desenvolvendo o acondicionamento destes espacios durante os próximos meses. O Concello de Touro pretende así poñer ao día unhas instalacións que son utilizadas pola veciñanza. O obxectivo do Concello é ir complentando durante os próximos anos o traballo de restauración e rehabilitación dos centros sociais xa iniciado tamén en anos anteriores.

9 de xullo de 2015 | 13:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.