publicidade hoxe

Tone Pérez e Gonzalo Martínez tráense para Galicia a Medalla de Bronce do Mundial de Vaurien

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes Portada
A-
A+

Até 16 tripulacións galegas desprazáronse a Holanda para participar na cita máis importante e atractiva do ano, o Campionato do Mundo. Con 79 barcos inscritos de nove países celebrouse un Mundial con condicións moi duras superando os 30 nós os días de finais.

Este ano presentáronse novidades importantes para a clase Vaurien tales como os percorridos e formato de competición. A flota separouse en grupos navegando tres días de fase clasificatoria, a partir dos cales se formaron 2 flotas, grupo Ouro e Prata, de onde saíron os Campións do Mundo 2015 tras 2 xornadas de finais. En canto aos percorridos, aplicáronse os trapecios en vez do triángulo.

A flota galega deixou o pavillón moi alto colocando a 4 tripulacións entre os 10 primeiros clasificados, destacando a Medalla de Bronce en categoría absoluta para a tripulación do RCN Vigo e do CM Canido formada por Tone Pérez e Gonzalo Martínez.

Outras tripulacións con aspiracións en categoría xuvenil e feminina quedaron ás portas do podio como é o caso de Tirso Cerqueira e Mario Pérez cuartos Xuvenís, e Paula e Miriam tamén cuartas en categoría feminina.

A armada galega composta por 16 tripulacións pelexou ao longo de 6 xornadas de competición e 13 mangas válidas polos títulos Mundiais Absoluto, Feminino e Xuvenil. 

31 de xullo de 2015 | 11:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.