publicidade hoxe

Teo abre o prazo para inscribirse no Diverteo setembro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTeo
A-
A+

O prazo para inscribirse no Diverteo Setembro comeza o xoves 30 de xullo e está aberto ata o 18 de agosto. As persoas interesadas deben entregar a ficha de inscrición no Rexistro Xeral do Concello de luns a venres de 09:00 a 14:00 horas ou os sábados de 09:00 a 13:00 horas. Hai 145 prazas dispoñibles, máis 5 prazas reservadas para emerxencias sociais, e o acceso será por rigorosa orde de inscrición.

O Concello de Teo abre o prazo para anotarse no Diverteo Setembro. Este programa pretende ser unha ferramenta de axuda para as familias na conciliación familiar e laboral e funcionará nos días de setembro previos ó comezo do curso escolar. Neste edición o Diverteo será os días 1, 2, 3, 4, 7, 8 e 9 de setembro e realizarase nos colexios de Calo, Os Tilos e A Ramallosa en horario de 07:45 ás 14:45 horas. 

O custe deste programa é de 3 euros por día e neno/a polo que a edición completa terá un custo total de 21 euros. A listaxe de admitidos/as publicarase a partir do 19 de agosto páxina web www.teo.gal e no taboleiro do Rexistro Xeral do Concello. 

As persoas admitidas deberán realizar o pagamento entre os días 19 e 25 de agosto, ben no Rexistro Xeral do Concello, ben enviando unha mensaxe co xustificante ao enderezo deportes@concellodeteo.com. 

O Concello establece unha serie de normas para a recollida dos nenos e nenas á saída da actividade que se recollen nun documento que se fará chegar aos seus proxenitores. Así mesmo tamén se lles farán chegar os diferentes modelos de autorizacións (recollida do neno/a ou traslado por emerxencia).

29 de xullo de 2015 | 18:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.