publicidade hoxe

Taller e obra de teatro nos “Xoves Animados” de Ribadumia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRibadumia
A-
A+

O Concello de Ribadumia, en colaboración coa concellería de Cultura, e dentro da programación infantil “Os xoves animados”, organiza para este xoves unha obra de teatro e taller de teatro.

Coma o resto das actividades,a obra representarase na Praza do Concello, acompañada por un taller de teatro para nenos. Nesta ocasión o horario é de 19:00 a 21:00 horas.

A entrada é gratuíta e estará supervisado por monitores que atenderán ós pequenos e ás súas familias. 

Dende o Concello espérase a participación activa de todas as familias para apoiar a labor dos monitores e, sobre todo,  que os pequenos disfruten do seu tempo de ocio do verán cunha programación variada e divertida. 

Audición da Banda Infantil da Escola de Música do Concello de Ribadumia 

Por outro lado, a Banda Infantil da Escola de Música de Ribadumia, dará unha audición este xoves 23 de xullo ás 21:00 horas na Carballeira de Barrantes.  Esta é xa a cuarta actuación que a Escola de Música e a Agrupación Músico Cultural de Ribadumia están a organizar os xoves neste verán.

Nesta ocasión, os pequenos da banda infantil interpretarán temas referidos a lugares- Budapest, Lituani, e moitos máis – que foron aprendendo e interpretando ao longo do ano. 

Curso de trompeta 

Ademais, a Escola de Música do Concello de Ribadumia recorda que aínda quedan prazas para o curso de trompeta que se impartirá no Centro Social de Barrantes dende este xoves ata o domingo.

O curso estará impartido polo profesor do Conservatorio Superior de Salamanca, Roberto Bodí, e o prezo é de 80 euros para activos e 40 para oíntes. A inscrición estará aberta ata o mércores destá semana e os interesados poden poñerse en contacto coa Agrupación Músico Cultural de Ribadumia para recibir máis información e para inscribirse. 

20 de xullo de 2015 | 17:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.