publicidade hoxe

Soutomaior regresa un ano máis co programa “Biblioverán” para fomentar a lectura

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSoutomaior
A-
A+

A Concellaría de Turismo do Concello de Soutomaior, dirixida pola edil Dolores Cernadas, pon en marcha de novo o seu programa de préstamo “Biblioverán” destinado a fomentar o hábito de lectura nos espazos de lecer do municipio. O servizo estará coordinado pola Biblioteca Municipal, que este ano estrea horario de tarde polo que algunhas publicacións verán afectada a súa dispoñibilidade.

A zona do Peirao de Arcade contará desde o próximo 1 de xullo e até o 10 de setembro cun novo punto de lectura que baixo a denominación de BIBLIOVERÁN, permite que calquera persoa poida ler e acceder ao préstamo temporal de xornais, revistas e libros no seu tempo libre. Poderán dispor de todo iso na Oficina de Turismo en horario de 10h a 14h e de 16:30h a 20:30h de luns a domingo. Os diarios terán que ser devoltos no prazo de 60 minutos para un mellor uso e permitir así un maior número de consultas.

Haberá libros para nenos e adultos, cómics, suplementos, revistas como “Integral, Muy Interesante, Elle, Fotogramas, NationalGeographic ou Motor”, ademais de diarios tales como “Faro de Vigo, Diario de Pontevedra, El País ou Marca”. Fóra dos libros, suplementos ou revistas, que estarán dispoñibles durante todo o día na BIBLIOVERÁN, a prensa diaria estaraos todas as tardes da semana, salvo martes e xoves, xa que este servizo seguirase ofrecendo na Biblioteca Municipal, que permanecerá aberta durante todo o verán de 9h a 14:00h, e como novidade este ano tamén as tardes de martes e xoves desde as 17:30 até as 20:00 horas.

Os interesados poden acceder ao préstamo de libros a través da presentación do carné que fai o punto de lectura “BiblioVerán”, o carné da Biblioteca Municipal e os de identificación: DNI, pasaporte ou carné de conducir.

Ademais do préstamo de xornais e revistas, o servizo ofrece publicacións aptas para todos os públicos etiquetadas segundo a idade dos lectores. Ademais dos clásicos cómics, tan recorridos no verán, existen catro categorías. Para lectores até cinco anos, desde os 5 até os 9 anos, desde os 9 até os 14 anos e para adultos en xeral.

6 de xullo de 2015 | 18:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.