publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Sobrado celebra a XVI Feira da Troita o 8 e 9 de agosto

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAxenda e CulturaSobrado
A-
A+

cartel-feira-da-troita-sobradoO Concello de Sobrado dos Monxes acollerá o vindeiro sábado 8 e domingo 9 de agosto a XVI Feira da Troita. A programación inclúe, na primeira xornada festiva, o XI Festival Musical e Intercultural da Xuventude ás 22.00 h. con concertos gratuítos na Praza do Concello a cargo de Los Claretes, Ruxe Ruxe, Chuchufellos e  Zenzar.

O domingo será o día grande da “troita” con apertura dos stans de artesanía e gastronomía ás 11.00 h. para, ás 13.00 h. comezar a degustación de “troita á montañesa” e polbo á feira na Praza do Concello. Ao longo do día sucederanse distintas actuacións musicais e de animación que incluirán un espazo especial para os máis cativos. O fin de festa da verbena correrá a cargo da orquestra Delirio.

Ademais, os locais hostaleiros de Sobrado contarán con tapas gratuítas e degustación de troita á montañesa.

31 de xullo de 2015 | 10:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.