publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Sober recibirá un campamento de máis dun cento de scouts que se instalarán en Cadeiras

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSober
A-
A+

O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, recibirá o vindeiro xoves 16 de xullo a un grupo de máis de 100 mozos e mozas de Pozuelo, Alarcón, que conforman o campamento de scouts que se vai instalar en Cadeiras, na contorna do santuario.

O campamento, que se vén organizando desde hai 40 anos, elixiu desprazarse ata Cadeiras por consideralo “un enclave espectacular” no que os mozos e mozas poderán convivir en plena natureza e coñecer e explorar sitios novos. Os monitores, preto de 25, subliñan a proximidade que o campamento terá co río, así como as posibilidades turísticas e de sendeirismo que ofrece a zona. 

Os rapaces e rapaces chegarán o vindeiro xoves 16 e quedarán na localidade ata o día 30 de xullo. Parte do equipo de monitores leva xa varios días na zona para preparar os espazos de acampada que eles mesmos constrúen. Aseguran que a localidade “ofrece múltiples posibilidades” polo que agradecen a colaboración do equipo de Goberno para que a estadía sexa posible. 

O alcalde de Sober gaba que tiveran elixido a localidade para pasar as súas vacacións e pon á disposición dos mozos e mozas toda a axuda a información que precisen para poder coñecer a fondo a Ribeira Sacra e conseguir atraer a novos visitantes. 

14 de xullo de 2015 | 18:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.