publicidade hoxe

Sober recibirá a medio cento de xóvenes do campamento Semente da Coruña

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSober
A-
A+

O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, recibirá o vindeiro luns a medio cento de mozos e mozas do Colexio Maristas e Xesuítas de A Coruña que forman o campamento do Grupo Scout Semente. Os scouts instalarán as súas tendas no campo de fútbol da localidade. A maiores deste grupo, preto de 150 mozos e mozas de Alcorcón pasan o mes en Cadeiras.

Un equipo de 15 monitores do Grupo Scout Semente atópase xa en Sober para montar o comedor, a cociña e habilitar o espazo no que durmirán os campistas. Os mozos e mozas chegarán a Sober o luns arredor das 12 do mediodía. O primeiro grupo, de nenos e nenas de entre 6 e 12 anos, permanecerá na localidade ata o domingo, mentres que o segundo, de mozos e mozas de 14, 15 e 16 anos, estará desde o domingo e ata o día 1 de agosto.

O Grupo Semente xa estivo en Sober en 2010 e aseguran que repiten a experiencia polo bo trato que recibiron da localidade e por tratarse dun enclave único para descubrir a natureza. Aproveitarán a súa estancia na Ribeira Sacra para coñecer a súa xente e facer rutas de sendeirismo e polo Canón do Sil.

O alcalde de Sober agradece que tiveran elixido a localidade para pasar as súas vacacións e pon á disposición dos mozos e mozas toda a axuda a información que precisen para poder coñecer a fondo a Ribeira Sacra e conseguir atraer a novos visitantes. 

17 de xullo de 2015 | 12:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.