publicidade hoxe

Sober acollerá un torneo futsal entre o 9 e o 12 de xullo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSober
A-
A+

O Goberno local colabora na organización do torneo de fútbol sala ‘Futsal Sober 2015’ que se celebrará na localidade entre os días 9 e 12 de xullo. O sorteo dos equipos farase hoxe ás 21:00 horas no Centro Sociocultural.

Haberá un primeiro premio dotado con 1.400 euros máis trofeo, un segundo de 700 euros máis trofeo, un terceiro con 120 euros e trofeo e un cuarto premio de 120 euros. 

Tamén haberá trofeos para o mellor xogador, o mellor porteiro, o máximo goleador e o mellor xogador Sub18. 

O Concello de Sober pon a disposición de todos os participantes unha zona de acampada e piscina municipal de balde.

7 de xullo de 2015 | 19:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.