publicidade hoxe

Sete bandas participarán na terceira edición do Festival “Rock in Río Tea”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioPonteareas
A-
A+

A actividade da terceira edición “Rock in Río Tea” dará comezo o venres 3 de xullo ás 21:00 horas, coa actuación do grupo Black Box enriba dun camión/escenario que levará a música aos lugares máis identificados co proxecto do Rock in Río Tea.

O sábado, 4 de xullo, dende as 21:00 horas e até as 04:00 horas, seis bandas serán as encargadas de inundar de rock a vila ponteareá: Mínima Son e La Banda de Mazinger de Ponteareas, Cool Funeral e The SoulJacket de Vigo, Familia Caamagno de Sigüeiro e Aurora and Betrayers de Madrid. Un ano máis, o lugar escollido pola organización para celebrar a xornada do sábado é o Parque da Concordia

2 de xullo de 2015 | 11:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.