publicidade hoxe

Salvaterra de Miño e Antena Cameral presentan a programación formativa para o segundo semestre do ano

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSalvaterra de Miño
A-
A+

O Concello de Salvaterra de Miño  e a Antena Cameral veñen de presentar a programación formativa para o segundo semestre do ano, as inscricións ábrense o 28 de xullo ata o 15 de agosto.

Como xa é habitual, o Concello de Salvaterra e a Antena Cameral  presentan a súa oferta formativa para os últimos seis meses do ano. Dezaseis cursos formativos, curso básico de manipulador de produtos fitosanitarios (dous turnos), curso de manipulador de alimentos, de operador de carretilla elevadora, de preparación first, de carniceiro profesional, de peixeiro profesional, seminario de alérgenos, curso de hostelería (elaboración de tapas), de guía turístico Salvaterra – Monçao, de caixeiro – repoñedor de supermercado, de viticultura e enoloxía – Tratamento da viña e árbores froiteiras, de repostería galega, de elaboración de conservas e marmeladas, de elaboración de queixo artesán, de organización de festas infantís e curso de francés. 

Desde o Concello e a Cámara traballase para dar resposta a demanda formativa do municipio, así semestre a semestre inténtanse sacar cursos novos e manter aqueles nos cales hai unha alta demanda formativa. 

Para mais información e insricións na Antena Cameral de Salvaterra 986 659 348 / salvaterra.camaravigo@mundo-r.com

27 de xullo de 2015 | 12:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.