publicidade hoxe

Rotura de tubería na rúa Luis A. Mestre do Grove

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Grove
A-
A+

O Concello do Grove informa de que na madrugada de hoxe se ten producido a rotura dunha tubería na Rúa Luis A. Mestre. Os operarios comezaron a traballar as dúas da mañá coa maior celeridade posible xa que esa rotura deixaba a unha parte importante do casco urbano do Grove sen auga.

A rotura produciuse como consecuencia do mal estado no que se atopan as canalizacións de moitas rúas do Concello logo de varios anos sen ningunha mellora ou reparación. O aumento da presión do consumo en época de verán provoca que as tuberias, feitas con materiais de baixa calidade ou con moito tempo de uso, acaben reventando cos conseguintes problemas no subministro e gastos adicionais de reparacións. 

O servizo, neste caso, quedou restablecido ás 11.30 horas da mañá. O Concello xa ten en marcha un estudio para estimar as necesidades existentes para a mellora da rede. A limitación de recursos requerirá establecer prioridades á hora de acometer obras e estas requiren de tempo xa que a clave está en facer reparacións duradeiras e de calidade que non supoñan “parches” provisionais coas consecuencias que estamos a sufrir estes días. 

O Concello agradece a comprensión dos usuarios e ponse a disposición dos veciños e veciñas para calquera comentario ou suxestión que teñan o respecto.

27 de xullo de 2015 | 12:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.