Ribadumia informa da ampliación da idade para conservar o título de familia numerosa
O Concello de Ribadumia informa ós seus veciños que a Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia ampliou a idade de condición de familia numerosa. Por iso, aqueles que ata agora se beneficiaron do título seguirán facéndoo ata que o menor dos fillos/as cumpra os 21 anos, 26 no caso de estar estudando.
Os interesados poderán tramitar as solicitudes e renovacións do título de familia numerosa nos Servizos Sociais do Concello de Ribadumia, concretamente na oficina de Intervención Familiar, en horario de 09:00 a 14:00 horas.
Ademais, os interesados poderán tramitar tamén o carné familiar, que é unha tarxeta persoal e intransferible ó dispor dos membros das familias numerosas, coa que poderán obter vantaxes e descontos nos establecementos colaboradores con este programa na Comunidade Autónoma de Galicia.
Por todo iso, tendo en conta o interese que esta renovación pode supoñer para moitas familias do municipio, rógase a máxima difusión.