publicidade hoxe

Ribadumia celebra a XX Festa do Polo Asado

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioRibadumia
A-
A+

A directiva da Asociación Gastronómica Festa do Polo de Ribadumia organiza, un ano máis, a Festa do Polo Asado, constituíndose esta como a XX edición. Esta tradicional festa celebrarase na Carballeira de Ribadumia o vindeiro domingo 19 de xullo e coma indica o seu nome, o polo é o principal protagonista.

As actividades comezarán ás 11:00 co inicio da degustación do polo. O menú deste ano está composto por ración de polo asado, unha botella de viño tinto de Barrantes ou un refresco e pan; e a diferenza da edición anterior – que tivo un prezo de 10 euros-, o menú degustación ten un prezo de 8€.

As actividades desenvolveranse ao longo da tarde na Carballeira, onde actuará a Banda de Música Municipal de Ribadumia e unha actuación de música a partir das 16:00 horas. Ademais, os pequenos tamén poderán disfrutar de actividades inchables que estarán instaladas a partir das 17:00 horas.

A directiva da Asociación asegura ter 600 kg de polo preparados para esta edición e esperan que a acollida sexa a que se merece este manxar avícola. 

16 de xullo de 2015 | 19:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.