publicidade hoxe

Refórzase a atención aos visitantes das Catedrais cun servizo gratuíto de visitas guiadas polo Monumento Natural

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaRibadeo
A-
A+

A Consellería de Medio Ambiente,Territorio e Infraestruturas, a través da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, reforza a atención aos visitantes cun servizo gratuíto de visitas guiadas polo Monumento Natural da Praia das Catedrais que empeza a funcionar hoxe.

O servizo, efectuado por guías oficiais e dirixido a particulares e grupos, realízase en distintos horarios para que o visitante elixa o que máis lle agrade.

Os turistas que desexen contar con este apoio poderán solicitalo chamando ao teléfono 608 202 683 de 10:00 a 13:00 horas, de luns a venres. Cabe precisar que o número máximo de persoas por grupo é de 25.

A Dirección Xeral de Conservación da Natureza lembra que esta solicitude de visita guiada non exime da necesidade de realizar a reserva a través da web https://ascatedrais.xunta.es.

No caso de que, unha vez na Praia das Catedrais, calquera persoa tivera interese en integrarse nunha das visitas guiadas e non tivera solicitado con anterioridade, pode dirixirse ao guía para que o informe dos horarios nos que quedan prazas dispoñibles.

16 de xullo de 2015 | 17:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.