publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Preto de 40 empresas de Curtis adheríronse ao servizo de recollida de cartón e papel que comeza esta semana

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCurtis
A-
A+

Preto de 40 empresas de Curtis adscribíronse ao programa de recollida de cartón e papel porta a porta que se porá en marcha esta semana e que se inclúe entre as melloras ofertadas pola nova adxudicataria da recollida de residuos sólidos urbanos, a empresa Celta Prix, que tamén leva este servizo conxunto cos concellos de Sobrado e Vilasantar.

A semana pasada, Antonio Fraga, concelleira de Medio Ambiente, visitou, acompañado dunha técnica da concesionaria, os comercios e empresas do municipio para explicarlles a nova prestación. Entre hoxe e mañá quedará instalados os colectores azuis de papel e cartón, que se recollerán martes, xoves e sábados en función das necesidades.

Os comerciantes tamén serán informados a reciclaxe do plástico industrial xa que que o plástico e o filme deberá depositarse no colector  amarelo e o poliespán, no verde. O Concello estudará para este tipo de residuos o uso dun compactador fixo, e tamén analizará a compostaxe e calquera outra acción que mellore a xestión dos RSU.

6 de xullo de 2015 | 18:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.