publicidade hoxe

Portos de Galicia destaca a labor dos xestores na obtención dos distintivos de calidade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaViveiro
A-
A+

O presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, asistiu esta mañá ao izado da bandeira Azul coa que foi galardoado o porto deportivo Marina Viveiro, no termo municipal de Viveiro (Lugo).

Jose Juan Durán sinalou que “esta nova bandeira azul é o resultado do traballo que se está a desenvolver nos últimos anos, tanto polos xestores das instalacións como pola Xunta de Galicia, nunha liña de traballo que pon de manifesto o compromiso da Administración pública coa obtención de distintivos de calidade para os peiraos de titularidade autonómica”.

O presidente de Portos tamén destacou o éxito da promoción da oferta náutica galega en colaboración coa Axencia de Turismo de Galicia, que quedou demostrado pola boa acollida mostrada nas diferentes promocións internacionais realizadas polo ente público en diferentes cidades e portos europeos durante os últimos anos. Tal é o caso de La Rochelle, París, Cork ou Dublín, así como a promoción en numerosas publicacións e opinións en revistas de náutica recreativa europeas.

Este é o compromiso da Consellería do Medio Rural e do Mar, a través de Portos de Galicia, coa obtención de distintivos de calidade para os peiraos de titularidade autonómica, que recibiron este recoñecemento a través dos clubs náuticos xestores dende 2009. Na última edición Portos de Galicia estivo representado cun total de 17 candidaturas, unha cifra que superou á de anos anteriores como vén sendo tendencia dende a estrea do distintivo para os portos deportivos, e no ultimo ano 2015 outorgáronse 16 bandeiras.

A colaboración do organismo portuario que preside José Juan Durán na implantación de bandeiras azuis nas instalacións náutico recreativas abarca aspectos como a prestación de servizos de calidade aos usuarios, mellora da ordenación e limpeza das instalacións portuarias, elaboración de programas de sensibilización ambiental e implantación dun sistema de xestión ambiental global para o ente público.

8 de xullo de 2015 | 18:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.