publicidade hoxe

Ponte Caldelas e Urbaser realizarán unha actividade de concienciación medioambiental con cativos na praia fluvial

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPonte Caldelas
A-
A+

O Concello de Ponte Caldelas e Urbaser realizarán mañá unha serie de actividades de concienciación medioambiental cos nenos e nenas da Ludoteca Municipal dentro das propostas con motivo da concesión da Bandeira Azul á praia fluvial de A Calzada. 

Os cativos participarán en obradoiros e xogos deseñados por Urbaser para concienciar aos máis pequenos da casa da necesidade de separar ben os resíduos sólidos urbáns para favorecer a reciclaxe. As actividades faranse en dúas quendas, unha pola mañá a patir das once na praia fluvial de A Calzada e a outra pola tarde, a partir das 17 horas. 

Entre as actividades pedagóxicas que poñerán en marcha os monitores cos rapaces será unha busqueda do tesouro coa finalidade última de concienciar aos cativos sobre a necesidade de reciclar, así como toda unha serie de xogos que teñan como fío argumental a defensa do medio ambiente, o respecto polo río Verdugo e os aspectos positivos da separación dos resíduos sólidos urbáns como xeito de facer unha sociedade do futuro máis sostible que a actual. 

Ademais de entreter, tamén se pretende introducir nos fogares de Ponte Caldelas, a través dos máis cativos da casa, a conciencia colectiva dos valores medioambientais e da reciclaxe.

20 de xullo de 2015 | 17:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.