publicidade hoxe

Ponse en marcha a limpeza completa dos colectores de lixo do Grove

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Grove
A-
A+

Xa durante a semana pasada realizáronse en varias xornadas limpezas externas das colectores de lixo e das zonas onde se ubican. Deste xeito na noite de hoxe, luns, e na da mañá, martes poderá poñerse en marcha a limpeza interna mediante auga a presión e os correspondentes produtos de desinfeción. Este dous días o esforzo concentrarase na limpeza dos colectores de residuos orgánicos mentres que, xa para vindeira semana, realizarase a limpeza dos de plástico coincidindo cos días de recollida (luns, mércores e venres).

Esta medida estaba prevista xa dende hai varias semanas, pero a eficacia da mesma será mínima se non existe colaboración cidadá respectando o horario para botar o lixo nestes colectores. Os cheiros son causados, sobre todo, polo depósito prolongado de residuos na rúa, especialmente nas horas de máis calor. Por esa razón, unha vez máis, solicitase ós veciños e veciñas e ós visitantes que colaboren no mantemento da limpeza do pobo axustándose ós horarios establecidos para botar o lixo. 

27 de xullo de 2015 | 12:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.