publicidade hoxe

Pazos de Borbén organiza unha excursión veciñal a Madrid

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPazos de Borbén
A-
A+

O Concello de Pazos de Borbén organiza unha nova excursión para todos os seus veciños. Trátase dunha viaxe de catro días á cidade de Madrid con entradas incluídas para tres dos principais atractivos da capital, o zoo, o Parque de Europa e o parque de atraccións.O prazo de inscrición xa está aberto e finalizará o 17 de setembro ou até esgotar as 50 prazas dispoñibles.

A saída producirase o 9 de outubro, ás 16:00 horas na praza do Concello, e o regreso o día 12.A estancia será no Hotel Avant de Torrexón de Ardóz con réxime de pensión completa. A excursión será gratuíta para os nenos de 0 a 3 anos de idade. Para os pequenos de entre 4 e 7 anos o custo será de 129 euros e de 159 euros para o resto de participantes. O custo dedicarase ás entradas aos recintos recreativos e a estancia xa que o custo do autobús de ida e de volta correrá a cargo do Concello de Pazos de Borbén e da Deputación de Pontevedra.

Todos os veciños interesados en recibir información ou inscribirse nesta excursión deberán facelo a través do correo electrónico en omix@pazosdeborben.org, chamando ao teléfono 986 498 934 ou nas oficinas da OMIX na Casa do Concello, de 09:00 a 14:00 horas. Todas as solicitudes deberán ser presentadas no rexistro de entrada do Concello de Pazos de Borbén. Os solicitantes empadroados no Concello de Pazos de Borbén terán preferencia para a adxudicación das prazas.

16 de xullo de 2015 | 18:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.