publicidade hoxe

PAAR e hostalaría local colaboran na difusión do patrimonio de Campo Lameiro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCampo Lameiro
A-
A+

O pasado martes, 30 de xuño, presentouse no Parque Arqueolóxico de Arte Rupestre de Campo Lameiro, coñecido polo acrónimo de PAAR, o acordo de colaboración entre hostaleiros da localidade e a nova empresa xestora deste Centro de Interpretación, a empresa compostelá TRIVIUM. Nesta primeira reunión enmarcada dentro do “Programa Anfitrións”, asistiron por parte dos empresarios locais: Jorge Caeiro de Casa Perico, Vicente Manteiga de Casa Manteiga e Elena Souto de Avoa María. Pola parte da nova xerencia do PAAR, César Abella Vázquez.

Esta alianza enmárcase dentro dunha estratexia común de dinamizar o patrimonio cultural máis singular e extraordinario deste territorio: os petróglifos do Val do Lérez. Seguindo este obxectivo asistimos a un congreso nacional, Cidade Rodrigo (Salamanca) e Arte Rupestre, e outro de Turismo Arqueolóxico en Dortmund (Alemaña), coa idea de xerar alianzas que nos permitan comercializar un turismo cultural que esperemos que a medio prazo alcance a categoría Patrimonio da Humanidade. Pero este esforzo de proxectar o PAAR no exterior non tería valor si non logramos implicar aos empresarios de Campo Lameiro. De feito, á parte do programa “Anfitrións”, tamén contamos co patrocinio do Restaurante do Casa Perico e Froitos Secos A Nogueira.

2 de xullo de 2015 | 10:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.