publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Os traballadores de Alcoa temen un ERE temporal ante a avaría dun dos transformadores en San Cibrao

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCervoLocal PortadaPortada dereita
A-
A+
Europa Press

A avaría este xoves dun dos tres transformadores de Alcoa en San Cibrao, en Cervo, leva a que os traballadores da planta de aluminio da Mariña de Lugo teman que a dirección formule un expediente de regulación de emprego temporal (ERTE), en caso de que non consiga solucionar os problemas e teña que parar temporalmente a produción.

En declaracións, o presidente do comité de empresa da fábrica, José Luis Combarro, explicou que a compañía está a facer “todo o que se pode”, con medidas técnicas como a baixada da intensidade, para evitar o cesamento temporal da produción dunha das dúas series de electrolisis, que é a que a vai afectada pola avaría do transformador.

A factoría conta en concreto con tres transformadores, pero un estragouse hai 15 días e o outro este xoves, segundo apuntou Combarro, quen manifestou a súa estrañeza por que fallaran “en tan pouco tempo” despois de ser reparados. Responsables da empresa que os arranxara visitarán este venres a planta, así como especialistas doutra compañía.

Combarro evitou dar cifras acerca de a cantos empregados podería afectar o ERTE, en caso de ter que adoptarse por parte de Alcoa, ao ver “moi precipitado” o cálculo, xa que “habería que negociar o tempo”, entre outras cuestións.

PARAR DE FORMA “PROGRAMADA”

Polo momento, os labores para solucionar a avaría non deron “ningún resultado” e “todo apunta”, segundo este representante, a que haberá que tomar “a medida que ninguén quere que se tome”.

Nesta situación, Alcoa está actuando tamén para “intentar parar” a produción “de forma programada e non drástica”, de modo que o “rearranque” funcione dun xeito máis axeitado.

23 de xullo de 2015 | 18:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.