publicidade hoxe

Os pementos de Herbón porán o broche final á 4 etapa do Camiño de Santiago do barista compostelán Óscar de Toro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPadrón
A-
A+
Óscar de Toro con pementos de Herbón

Óscar de Toro con pementos de Herbón

Os pementos de Herbón (Padrón) da SAT A Pementeira, son un dos manxares de calidade galegos incluídos no proxecto #OscarOnTheWay, co que o barista compostelán Óscar de Toro percorre o Camiño de Santiago, desde o pasado 19 de Xullo. Esta tarde, ás 20.30, como culmen da 4 etapa, Palas de Rei acollerá unha degustación deste exquisito bocado, amparado pola DO Pemento de Herbón e certificado por Galicia Calidade. O evento contará coa participación de Diego López, do restaurante La Molinera de Lalín, cociñeiro galego do ano 2014. O #OscarOnTheWay terminará o próximo 25 de Xullo, na compostelá Praza do Oradoiro.

A iniciativa de De Toro busca a reivindicación do Camiño de Santiago como lugar de reflexión e encontro, ao mesmo tempo que fomenta o coñecemento das empresas do sector primario galego como elemento diferenciador. Os peregrinos e a interacción cos mesmos xogarán un papel fundamental e a comunicación e difusión dos encontros e experiencias vividas durante o sete días que dura o proxecto serán narradas en Internet. Deste xeito ofrécese unha difusión 2.0 con conexións en directo e un formato nun 90% de vídeo. O seguimento das accións poderá realizarse desde as canles 2.0 de Galicia Calidade (Youtube, Facebook e Twitter).

SAT A Pementeira

A Pementeira é unha Sociedade Agrícola de Transformación dedicada á produción, envasado e comercialización do Pemento de Herbón e fundada por 23 agricultores/as cunha ampla experiencia neste cultivo. As súas orixes remóntanse ao 2006 e no verán de 2008 puxeron en marcha a súa nave de envasado, saíndo ao mercado coa denominación SAT A Pementeira.

A calidade é a premisa fundamental coa que traballa a entidade, apostando por ela e non tanto pola cantidade. Todo iso debido tamén a que a súa cota de produción segue sendo pequeno.  Grazas á creación da envasadora e ao asesoramento que reciben de profesionais cualificados ofrecen ao cliente un produto de primeira calidade, buscando o desenvolvemento dun sistema eficiente de produción e comercialización.

22 de xullo de 2015 | 17:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.