publicidade hoxe

Os miñenses ensinarán cartón vermello ao alcalde para que se marche

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMiño
A-
A+

Un sábado máis, e con este son xa tres consecutivos, os veciños da localidade coruñesa de Miño están dispostos a saír á rúa para participar nunha manifestación baixo o lema “Pola dignidade. Miño non se vende”. Como en ocasións anteriores, a protesta sairá o sábado ás 11:30 horas desde Rabazal e finalizará ante a Casa Consistorial.

Nesta ocasión, o pobo de Miño ensinará simbólicos cartóns vermellos ao actual alcalde para pedirlle que se marche.

Cada semana aumenta o número de participantes. O sábado pasado, ademais, contouse coa participación e a intervención non só de membros do PSOE senón tamén doutras formacións políticas como o BNG.

O PSOE de Miño insiste en solicitar a dimisión dun alcalde que segue estando só, tal e como se demostra día a día. 

3 de xullo de 2015 | 18:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.