publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Os irmáns Blanco disputarán o Campionato de Europa de “Trial Fighters” en San Marino

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes PortadaFoz
A-
A+
Irmáns Blanco

Irmáns Blanco

Os irmáns Blanco, Ricardo e Jacobo, ambos lucenses e residentes na localidade de Foz disputarán en San Marino, Italia, o Campionato de Europa de “Trial Fighters”, durante os días 24-25-26 de Xullo. A proba estará formada por un total de 107 equipos de toda Europa.

A pesar de que a proba ten un alto nivel competitivo, estes dous mozos apostan por quedar ben clasificados, e mesmo optar a algún pódium, xa que no que vai de ano 2015 lideran o Campionato de ámbito nacional e Jacobo Blanco, o menor dos irmáns, é campión do previo ao campionato de Europa, cuxa proba se fai en todos os países de Europa, seleccionando os mellores pilotos de cada país. 

Jacobo Blanco ten xa un palmarés importante entre o que cabe destacar:

- Subcampión Galego de todo Terreo en 2005
- Subcampión Galego de todo Terreo en 2006
- Subcampión Galego de trial 4×4 en 2010
- Subcampión Galego de trial 4×4 en 2011. 
- Campión Galego de trial 4×4 en 2012
- Campión do previo ao Ctº de Europa  en España 2013
- Campión Galego de trial 4×4 en 2014
- Subcampión do previo ao Ctº de Europa  en España 2014

14 de xullo de 2015 | 18:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.