publicidade hoxe

Os hostaleiros da Alameda organizan un concerto pop rock para dinamizar a noite do venres en Ponte Caldelas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPonte Caldelas
A-
A+

Os establecementos do entorno da Alameda de Ponte Caldelas organizan un concerto de pop rock para a noite do venres día 18, que terá como protagonista ao grupo pontevedrés “Champurrada”.

Esta actuación celébrase para dinamizar as noites dos venres na Alameda de Ponte Caldelas e pretende servir de escaparate para os novos grupos emerxentes que están facendo a súa actividade na comarca de Pontevedra ao tempo que se dinamiza a actividade hostaleira no centro da vila.

O concerto comezará ás 21 horas e prolongarase por espazo de dúas horas aproximadamente. O evento conta coa colaboración do Concello de Ponte Caldelas que considera unha iniciativa interesante a aposta dos hostaleiros do centro da vila por dinamizar desde o punto de vista cultural, musical e económico o municipio nas noites dos venres de verán. 

A intención dos hostaleiros é comprobar a aceptación que este tipo de concertos terá en Ponte Caldelas coa intención de prolongalos durante todo o mes de xullo e tamén agosto.

16 de xullo de 2015 | 19:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.