publicidade hoxe

Os concertos regresan a Viveiro con “Música na Rúa”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaViveiro
A-
A+
Presentación de "Música na Rúa"

Presentación de “Música na Rúa”

Hoxe ás 17:30 horas tivo lugar a presentación dos Concertos que se realizarán mañá en Viveiro dentro das actividades de “Música na Rua”, da man da Concelleira de Cultura e os representantes do Centro Comercial Histórico de Viveiro deuse a coñecer o que depararán os concertos de mañá.

Serán a partir das 24 horas na Praciña da Herba, unha emblemática praza do Centro histórico da cidade. Abrirá o concerto o grupo True Mountais, co seu punk Rock acústico e coa novidade duns temas en eléctrico. Seguiranos a coruñeses Ánima, grupo de calidade extrema que están a arrasar alá por onde van, e que compartiron escenario entre outros con bandas da talla de Madness.

Tanto desde a Concellaría de Cultura como da Asociación Centro Histórico, animan a todo o mundo a achegarse a Viveiro e gozar do que será o inicio dun mes de Agosto cargado de música e novidades, ao que se lle dará continuidade en setembro con máis concertos enmarcados dentro do programa de Música na Rúa. 

30 de xullo de 2015 | 19:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.