publicidade hoxe

Os concellos do Morrazo únense para crear unha web común

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBueuCangasLocal PortadaMoaña
A-
A+
Presentación da web Vive o Morrazo

Presentación da web Vive o Morrazo

Os alcaldes dos tres concellos do Morrazo facían esta mañá a súa primeira aparición en conxunto tras o acto de investidura na presentación do portal turístico VIVE O MORRAZO, un proxecto levado a cabo por FECIMO en colaboración cos concellos.

Xosé Manuel Pazos, alcalde de Cangas, Félix Juncal, alcalde de Bueu e  Leticia Santos, alcaldesa de Moaña, mostraron o seu profundo interese para traballar en conxunto e levar a cabo proxectos en común. “Avanzando a comarca avanzamos todos e cada un de nós” afirmaba Pazos, que aproveitou, ao igual que Juncal e Santos, para mostrar o seu interese en traballar en común a prol da mancomunidade e agradecer a FECIMO o seu traballo.

“Vive o Morrazo”

José Bangueses, presidente de FECIMO, foi o encargado de presentar o proxecto: un portal turístico que pretende situar no mundo online a comarca do Morrazo, amosando toda a súa riqueza natural, patrimonial e de ocio.

Una web interactiva e navegable na que atopar todos os recursos situados nun mapa interactivo segundo as súas necesidades. Servizos locais, oferta gastronómica, aloxamento ou un calendario de eventos, con reportaxes, fotografías, descricións e xeolocalización para facer unha experiencia intuitiva e completa que sirva de utilidade tanto para o público visitante como para os residentes da vila. A web pretende así mesmo ser colaborativa e estar en constante mellora, polo que o usuario poderá participar nela. 

1 de xullo de 2015 | 20:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.