publicidade hoxe

O Xuventude Galicia Net será de novo a maior party informática da comunidade entre o 18 e o 20 de setembro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocal PortadaSilledaXuventude
A-
A+
Edición anterior de Xuventude Galicia Net. Foto: www.xuventude.net

Edición anterior de Xuventude Galicia Net. Foto: www.xuventude.net

O Xuventude Galicia Net 2015, o cal terá lugar do 18 ao 20 de setembro deste ano no recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA, ponse en marcha para convertese de novo na maior party informática da comunidade. Así, acaban de activarse as súas contas nas redes sociais Facebook (facebook.com/xuventudegalicia.net) e Twitter (twitter.com/xgn2015) para ofrecer toda a información dispoñible aos interesados, e a vindeira semana farao a súa web, www.xuventudegalicia.net.

Este evento, que celebra a súa 15ª edición avalado polo éxito acadado nas súas anteriores convocatorias, estará composto por unha gran party-gaming con dúas zonas diferenciadas, a Intranet e a Extranet.

A primeira delas disporá de 1.200 prazas para ordenadores con dereito a acampada no interior do pavillón. Estará reservada aos inscritos, os cales poderán participar en exclusivos torneos con reparto de premios. 

A outra das zonas, a Extranet, acollerá un completo programa con multitude de actividades e poderán acceder a ela tanto os inscritos coma os visitantes que acudan ao recinto. Zona de videoxogos con consolas de última xeración e chamativas competicións, talleres, xogos de mesa e karting serán algunhas das moitas propostas que ofrecerá, ás que se unirá a presenza dalgún recoñecido xugador de videoxogos, os denominados “gamers”, cuxa participación suporá un importante atractivo para os afeccionados a este mundo. 

Área comercial 

Na edición de 2015 esta party-gaming contará tamén cun pequeno espazo expositivo complementario con presenza de empresas e entidades do sector da informática e o ocio electrónico, o cal se situará no mesmo pavillón. Así, todo o público poderá coñecer novidades xurdidas nestes eidos.

31 de xullo de 2015 | 13:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.