publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O Supremo confirma a corrección xurídica da modificación puntual do proxecto sectorial aprobada en 2011

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAs NevesGaliciaLocal PortadaPontevedraSalvaterra de Miño
A-
A+

A modificación puntual do proxecto sectorial da Plataforma Loxística e Industrial de Salvaterra- As Neves (PLISAN) aprobada polo consello da Xunta en xaneiro de 2011 é completamente legal, tal como acordou o Tribunal Supremo ao rexeitar o recurso contra a decisión presentado por unha asociación.

A Sentenza do Tribunal Supremo dálle a razón á Xunta de Galicia considerando que a modificación do Proxecto Sectorial, aprobado polo Consello de la Xunta o 13 de xaneiro de 2011, realizouse en cumprimento da sentenza do Tribunal Supremo que obrigaba a excluír do ámbito da Plisan terreos clasificados como solo non urbanizable de especial protección forestal.

Tras a sentenza queda demostrado que o actual proxecto sectorial da Plisan cumpre con todos os requisitos legais esixibles.

Noutra sentenza, o Tribunal Supremo tampouco admitiu o recurso da devandita Asociación contra a decisión da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental sobre a non necesidade de avaliación ambiental estratéxica de dita modificación puntual do proxecto sectorial da Plisan.

Con anterioridade o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia xa dera a razón á Xunta de Galicia en ambos casos.

28 de xullo de 2015 | 18:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.