publicidade hoxe

O Sorteo de Ouro de Cruz Vermella deixa 26.000 euros na provincia da Coruña

Con sorpresa e unha gran alegría. Así é como Vitoria de Diego Ángeles, unha veciña de Mera, recibiu a noticia onte pola noite: o seis boletos do Sorteo de Ouro que comprou teñen premio. “No club de montañismo do Club Fluvial de Lugo ao que pertenzo estamos a organizar unha viaxe aos Alpes a semana que vén e faltábannos algo de diñeiro polo que estabamos a organizar unha colecta. Pola noite, deume por mirar en Internet os resultados do Sorteo de Ouro e o segundo premio chamoume a atención. Chamei ao meu fillo para que o comprobase e vimos que coincidía coas catro últimas cifras do segundo premio polo que tiñan 200 € cada un”, explica Vitoria emocionada.

Esta coruñesa de 53 anos, que foi voluntaria de Cruz Vermella como tradutora de francés e acompañante a unha persoa con discapacidade, colabora cada ano co Sorteo, convencida de que a sorte está do seu lado; agora non só demostrou que é unha persoa afortunada, senón tamén solidara, xa que vai dedicar boa parte do premio a colaborar co seu grupo de amigos para que a viaxe poida levar a cabo. 

Ela é unha das persoas premiadas no Sorteo de Ouro de Cruz Vermella na provincia da Coruña; en concreto, vendéronse 130 boletos do número 07.004 nas localidades de Santiago, Ferrol, Betanzos e A Coruña, cun importe total que ascende aos 26.000 €. Algo que foi posible porque nesta edición incrementouse o número de premios a repartir no sorteo cun total de 3.900 premios con diferentes contías, co obxectivo de repartir sorte entre máis persoas de diferentes lugares de todo o territorio. 

O primeiro premio do Sorteo de Ouro de Cruz Vermella Española, celebrado onte en Alacante, correspondeu ao número  47.287, da serie 037. Este premio está dotado con 3 millóns de € ou o seu contravalor en ouro. 

O segundo premio recaeu no número 67.004 da serie 042. Este premio está dotado con 1.500.000 € ou o seu contravalor en ouro. 

O terceiro premio correspondeu ao número 59.900 da serie 126. Este premio está dotado con 750.000 € ou o seu contravalor en ouro. 

Os números premiados poden consultarse na páxina web www.cruzroja.es/sorteodeoro, no número de teléfono 902 22 22 94, ou enviando un SMS ao número 215757 (palabra ORO espazo número do boleto espazo número de serie).

24 de xullo de 2015 | 19:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.