publicidade hoxe

O proxecto Vive o Morrazo lanza aplicación móbil para sistemas android

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBueuCangasMoaña
A-
A+

A Federación de Comerciantes e Industriais do Morrazo – FECIMO- na súa firme aposta polas novas tecnoloxías e o seu esforzo por poñer en valor a comarca no seu conxunto, lanza a aplicación móbil de “Vive O Morrazo”, unha gúia online das vilas de Bueu, Cangas e Moaña que agora se poderá levar en calquera dispositivo para consutar de forma sinxela.

Trátase dunha APP que se distribúe de forma gratuita para os teléfonos e tabletas con sistema operativo Android e está dispoñible polo tanto na “Google Play store” para a súa descarga inmediata. Trabállase xa na aplicación para sistemas operativos de Apple, terán que agardar uns días máis para o seu disfrute.

Esta aplicación enmárcase dentro do proxecto “Vive O Morrazo” www.viveomorrazo.com, presentado por FECIMO o pasado 1 de xullo, un portal turístico que amosa a riqueza natural, patrimonial e de ocio das nosas vilas.

De feito, a aplicación recolle os contidos do portal, organizándoos de forma máis axeitada ás necesidades dos usuarios con dispositivos móbiles, e facilitando a só un clic que tanto turistas como público local accedan á información en calquer momento e lugar.

Dáselle importancia ao mapa interactivo e ás indicacións a través de navegador GPS para que o usuario acceda a todos aqueles recursos que lle gusten.

A axenda tamén ten unha posición destacada na aplicación, recollendo as actividades culturais, deportivas e de ocio que están a ter lugar en bueu, cangas ou Moaña, tamén xeolocalizadas con GPS que indican onde se levarán a cabo.

Por nomear outras características, o directorio de servizos conta cun amplo listado de teléfonos de interese aos que chamar só facendo un “clic” (edificios administrativos, centros de saúde, transporte, etc.)

No caso dos roteiros, poden verse na aplicación de Vive O Morrazo e navegarse aproveitando a plataforma que brinda Wikiloc.

A oferta gastronómica e de aloxamento está igualmente representada e clasificada en subcategorías (hoteis, campings,…restaurantes, bares…etc) para unha búsqueda sinxela por parte do usuario.

FECIMO anima a descargar esta aplicación para poder disfrutar de inmediato de todo o que nos ofrece a contorna. A páxina Vive O Morrazo continuará sendo colaborativa e estando en constante mellora así como as APPs.

28 de xullo de 2015 | 19:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.