publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O piloto moañés Dani Rivas falece nun accidente durante o campionato de superbikes en Laguna Seca

Europa Press

O piloto moañés Dani Rivas, de 27 anos, faleceu no campionato de superbike celebrado na pista de Laguna Seca, en Estados Unidos, debido a un accidente múltiple na grella de saída. Segundo explicou a alcaldesa de Moaña (Pontevedra), Leticia Santos, as bandeiras xa ondean a media hasta na Casa Consistorial da súa localidade natal. “Lamentamos a perda, estamos sobrecollidos”, indicou a rexedora de Moaña, quen asegurou que o pobo está “conmocionado” e quen asegurou que se trata de “un día triste” para este municipio.

20 de xullo de 2015 | 10:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.