O incendio de Padrenda xa afecta a 150 hectáreas
Efectivos de extinción traballan para apagar o incendio forestal que permanece activo dende as 1,50 horas deste venres no concello ourensano de Padrenda, na parroquia homónima. Segundo informou Medio Rural, as estimacións provisionais ratifican que afectou a unha superficie de 150 hectáreas en terreos de Rede Natura. No seu control traballan cinco axentes forestais, 11 brigadas, sete motobombas, unha pa e tres helicópteros.
TRASMIRAS
Por outra banda, como xa informara o departamento autonómico, ás 12,15 horas deste mediodía quedou extinguido o lume rexistrado na parroquia de Chamosiños, en Trasmiras, que empezara ás 18,00 horas deste xoves. Segundo as estimacións provisionais, a superficie afectada foi de 20,7 hectáreas, das que 15 son de arboredo e as 5,7 restantes de raso. Nos labores de extinciónb traballaron catro axentes forestais, 12 brigadas, cinco motobombas, unha pa, tres helicópteros e cinco avións.