publicidade hoxe

O grupo de goberno de Ponte Caldelas revitalizará o CIM para profundizar en políticas de igualdade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPonte Caldelas
A-
A+

O alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz Sobral, mantivo un encontro coas profesionais responsables del Centro de Información á Muller (CIM) para trazar unha estratexia que axude a revitalizar o servizo e profundizar en políticas de igualdade impulsadas desde o Concello. A intención do grupo de goberno é divulgar entre os veciños/as do concello, tanto os da vila como os que residen no rural, os servizos que presta o CIM, porque tense detectado un importante grao de descoñecemento das posibilidades que oferta este importantísimo departamento especializado en impulsar políticas concretas de igualdade e atención ao cidadá.

Desde o equipo de goberno procúrase que tódolos/as veciños/as coñezan os recursos dos que dispoñen para poder facer fronte a aqueles problemas ou circunstancias que lle afecten e que precisen, no seu caso, de profesionais de solvencia que o Concello de Ponte  Caldelas pon ao servizo dos cidadáns. 

Entre os aspectos que considera o equipo de goberno que deben coñecer os cidadáns sobre os servizos que prestan estas profesionais están a axuda psicolóxica a aquelas mulleres que padezan de problemas de ansiedade, depresión, situación de malos tratos, autoestima ou calquera outro estado que precise do concurso dun profesional destas características.

Desde o CIM tamén se leva a cabo un importante traballo en atención especializada e asesoramento xurídico e psicolóxico en casos de malos tratos (denuncias, orde de protección, orde de afastamento…), xestión de aloxamento alternativo, tramitación de teléfono móbil de teleasistencia para vítimas da violencia de xénero, xestión dos recursos necesarios nestes casos, apoio psicolóxico, colaboración con outros servizos de intervención en casos de malos tratos como a garda civil, casa de acollida, servizos públicos sanitarios ou xurídicos.

Ademais, desde o CIM tamén se realizan cursos de orientación laboral e formativos para mulleres coa intención de favorecer a súa búsqueda de emprego, información sobre cursos e bolsas de emprego específicas, orientación profesional e derivación aos servizos especializados municipais de emprego. 

ASESORAMENTO XURÍDICO GRATUÍTO 

Por outra banda, desde o CIM, poderanse prestar servizos de asesoramento xurídico previo ante cuestións relacionadas co dereito da familia (separacións, divorcios, pensións alimenticias, parellas de feito), dereito penal (denuncias, malos tratos, lesións…), tramitacións das solicitudes de xustiza gratuíta, temas relacionados co dereito civil (incapacitacións, menores, etc.), dereito administrativo (sancións, multas…) laboral (depedimentos, dereitos das traballadoras, etc.) ou dereitos dos/as consumidores/as cando vexan perxudicados os seus intereses.

7 de xullo de 2015 | 20:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.