publicidade hoxe

O grupo de goberno de Ponte Caldelas informa a Abanca que manterán as contas na entidade mentras non se efectúe ningún desafiuzamento na localidade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPonte Caldelas
A-
A+

Membros do equipo de goberno do Concello de Ponte Caldelas mantiveron un encontro con responsables de Abanca coa intención de manifestarlles o desexo da administración local de manter as contas na entidade crediticia mentres non se efectúe ningún desafiuzamento en todo o municipio.

O alcalde Andrés Díaz Sobral calificou o encontro como moi cordial e positivo e asegurou que a decisión do equipo de goberno é firme e baseado na necesidade de evitar que ningún veciño do municipio sufra a perda da súa vivenda polo que advertiron á entidade crediticia que habilite fórmulas de consenso e busca de solucións que eviten que ninguén se quede sin teito.

Por outra banda, o alcalde solicitou aos representantes da entidade a redacción dun convenio de prestación e servizos para os empresarios, emprendedores, autónomos e comerciantes de Ponte Caldelas co fin de facilitar que o crédito flúa para apoiar tanto o consumo como os investimentos precisos para modernizar e axeitar os establecementos á demanda competitiva dos novos tempos. 

Tamén lle solicitou condicións vantaxosas para os TPV (Terminal Punto de Venda) non só para os establecementos que subscriban o acordo como os propios clientes dos comercios adheridos.

Asemade, tamén lles solicitou unha colaboración estable coa asociación de empresarios e comerciantes, COEMPO, coa que ten que negociar de xeito efectivo estes servizos e prestacións bancarias coa intención de lograr unha maior implicación da entidade nas actividades de promoción e dinamización comercial que levan a cabo tanto esta asociación como o propio Concello de Ponte Caldelas. 

O alcalde instou aos responsables da entidade bancaria a formalizar unha xuntanza con responsables de COEMPO co fin de avanzar sobre estes temas esbozados e concretar de xeito definitivo un convenio que plasme estes compromisos para impulsar e axudar aos emprendedores, comerciantes, autónomos e empresarios ubicados no municipio de Ponte Caldelas.

16 de xullo de 2015 | 18:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.