publicidade hoxe

O goberno de Ponte Caldelas esíxelle a Urbaser que axilice labores de limpeza e mantemento de contedores

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPonte Caldelas
A-
A+

O grupo de goberno do Concello de Ponte Caldelas manifestáronlle a responsables de Urbaser, empresa concesionaria do contrato de explotación do servizo de recollida de lixo no municipio, que axilicen os labores de limpeza e mantemento de contedores ante as reiteradas queixas dos veciños que aseguran que, coas altas temperaturas, moitos deles desprenden un cheiro desagradable e, incluso, algún conta con presenza de bispas que ameazan con causarlle problemas aos usuarios.

O alcalde Andrés Díaz lembroulle aos responsables da empresa que que esta actuación así como unha recollida diaria no centro urbán e 3 veces por semana no rural forman parte do contrato de explotación do servizo de lixo que remata no 2017.

Estes labores, sinalou Díaz Sobral, non so deberán consisir no baldeo dos contedores, senón que tamén deben ser sometidos a un proceso de limpeza exhaustiva con produtos que axuden a eliminar bacterias e cheiros indesexables. Ademais, lembroulles que a empresa debe proceder a realizar labores de mantemento e reparación daqueles contedores que se atopen en mal estado e, se están moi deteriorados, terán que substituílos por outros novos. 

Esta actuación que reclama o equipo de Goberno de Ponte Caldelas enmárcase dentro do contrato asinado co Concello para a xestión do servizo, que inclúe tamén unha recollida diaria no centro da vila así como unha frecuencia de 3 días por semana en tódolos núcleos do rural.

As bases do concurso contemplan tamén unha atención especial para as zonas rurais do concello que dispoñen de vías de comunicación veciñal moi estreitas para o cal empléase un pequeño camión de recollida que evita que se teñan que instalar os contedores lonxe das vivendas onde residen os usuarios do servizo. 

15 de xullo de 2015 | 19:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.