publicidade hoxe

O Consorcio de Augas do Louro nomea aos novos representantes municipais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMosO PorriñoSalceda de CaselasTui
A-
A+
Os novos representantes municipais

Os novos representantes municipais

O Consorcio de Augas do Louro ratificou, na sesión do Comité Directivo celebrada o 29 de xullo, o nomeamento dos representantes dos concellos de Mos, O Porriño, Salceda de Caselas e Tui, logo de que tomaran posesión os novos alcaldes. Tras os resultados das eleccións do pasado mes de maio, a nova alcaldesa socialista de O Porriño, Eva García de la Torre, exercerá a presidencia do Consorcio en substitución do popular Nelson Santos.

No concello de Tui, o alcalde socialista Enrique Cabaleiro, ocupará a vicepresidencia do Consorcio no lugar do popular Moisés Rodríguez. Pola súa banda, tanto o concello de Mos como o de Salceda de Caselas manteñen os mesmos representantes que na lexislatura pasada, logo de que a popular Nidia Arévalo e o independente Marcos Besada, repitan na alcaldía. O Director de Augas de Galicia, Gonzalo Mosqueira, mantén o seu cargo de vocal en representación da Xunta de Galicia.

Nesta segunda etapa, o Consorcio ten previsto, entre outros obxectivos, continuar coa la execución de inversións de renovación, mellora ou ampliación das súas instalacións, regularizar a prestación dos servizos a outros concellos limítrofes e poñer en funcionamento a súa páxina web.

30 de xullo de 2015 | 19:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.