publicidade hoxe

O Concello do Grove traballa para poñer en funcionamento a video vixiancia nos centros educativos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Grove
A-
A+

Logo do preocupante aumento de roubos nos distintos centros escolares do Concello, o equipo de Gobernoacordoupoñer en marcha os equipos de video vixiancia que permiten ter control permanente destasinstalacións. No caso do Colexio Rosalía de Castro e do de Conmeniño, o equipamentoxa está dispoñible polo que sólo é precisa a súa posta a punto. Nos outros centros será necesario realizar alguna instalación que, previsiblemente, estará lista nunha semana.

A posta en marchadestes sistemas permitirá a vixiancia a distancia dos accesos e perímetro dos edificios e servirá non só para evitar roubossenón para controlar que non se produzan actos vandálicos que danen as instalaciónsou accesos non autorizados. O Concello do Grove agradece tamén a colaboración cidadá para evitar que se faga un mal uso dos espazos públicos dos Colexios para garantir que estes se atopennasmellorescondicións posibles cando comece o curso.

28 de xullo de 2015 | 19:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.