publicidade hoxe

O Concello do Grove lembra á veciñanza a necesidade de cumprir os horarios para botar o lixo nos colectores

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Grove
A-
A+

O Concello do Grove lembra que o correcto cumprimento no horario establecido para botar o lixo evitaría os problemas de cheiros e acumulacións. Segundo as normas vixentes, durante os meses de verán que abranguen dende xuño a setembro pódese facer uso dos colectores entre as 21.00 e as 23.00 horas. Fora deses meses, o resto do ano é de 20.00 a 23.00 horas.

O incuprimento destes horarios implica ampliar o número de horas nas que o lixo está exposto a altas temperaturas e supón que a pesares de atoparse en colectores pechados se poidan producir cheiros e incluso problemas de salubridade. Esta cuestión é fundamental no relativo os residuos orgánicos xa que no caso de colectores de plástico e cartón non existe este problema non existindo límites de horarios para botar ese tipo de lixo.

Para reforzar esta información, a Concellería responsable de limpeza procederá a renovar os carteis nos que se indican estes horarios e solicita a colaboración cidadá para tentar mellorar o servizo e contribuir á mellora da imaxe do Grove.

24 de xullo de 2015 | 18:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.