publicidade hoxe

O Concello de Teo licita o servizo das Escolas Deportivas con 100.000 euros anuais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTeo
A-
A+

O Concello de Teo publica hoxe no BOP o anuncio de licitación do servizo de Actividades deportivas para os dous próximos cursos. Trátase do concurso para as escolas deportivas municipais, tanto para adultos como para nenos. O prazo de presentación de solicitudes é de quince días naturais e remata o 1 de agosto.

O Concello saca un prezo de licitación de 98.010 euros co IVE engadido por cada unha das anualidades. A licitación realízase mediante procedemento aberto con varios criterios de valoración. 

No prego de prescricións técnicas establécense as disciplinas que hai que impartir nas escolas e o número de horas semanais. Na categoría de adultos aparece ximnasia, tenis, actividade física para alumnado con necesidades especiais e o programa cóidate. Respecto da oferta infantil haberá patín e tenis en varios niveis, minitenis, taekwondo, minideporte, baloncesto, atletismo e multideporte. 

Tamén se recollen cuestións como os lugares onde se darán as clases. Os pavillóns de Calo, Os Tilos e A Ramallosa (Ezequiel Mosquera) serán os espazos centrais aínda que tamén se utilizarán varias casas comúns coma as de Rarís, Lampai, Oza e A Torre. 

17 de xullo de 2015 | 18:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.