publicidade hoxe

O Concello de Ribadumia solicita á Consellería de Sanidade unha solución á falta de persoal médico no Centro de Saúde

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRibadumia
A-
A+

O Concello de Ribadumia, a través da Concellería de Sanidade, presentou esta mañá unha solicitude á Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia co obxectivo de evitar que o Centro de Saúde de Ribadumia preste servizo aos seus cidadáns con tan só un médico para todo o municipio durante medio mes de xullo.

A solicitude presentouse unha vez se tivo coñecemento no Concello de que con motivo do descanso de vacacións dun dos dous médicos titulares – do 16 ao 31 de xullo-, a Consellería non ten previsto designar  a outro médico substituto para cubrir o período vacacional.

Por todo iso, o Concello a través do equipo de Sanidade, solicitou á Consellería pertinente a designación dun médico substituto “a fin de evitar que se produza falta de asistencia médica ós pacientes ou unha carga excesiva de traballo para os outros facultativos”.

Tendo en conta que xeralmente durante o verán se produce un incremento de usuarios de centro médico pos asistencia de visitantes que se achegan ata este Concello polo período de vacacións “non se entende que un centro que xa ten faltas de persoal médico durante todo o ano, conte con tan só un titular no mes onde adoita haber máis usuarios”, replica o concelleiro de Sanidade Enrique Oubiña. “A Consellería debe pensar que a xente no verán non enferma”, engade o concelleiro. 

“As baixas débense prever con anterioridade e é obriga deste departamento enviar o persoal necesario para que o funcionamento na atención pública non se vexa prexudicada”. “Por todo iso esperamos que esta falta de responsabilidade por parte da Consellería teña a máxima difusión posible e se poida arranxar antes de que se vexa prexudicada a propia saúde pública”, asegura Oubiña. 

7 de xullo de 2015 | 19:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.