publicidade hoxe

O Concello de Pontecesures informa da apertura do rexistro de empresas e comercios de Pontecesures

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontecesures
A-
A+

Desde o Concello estase a traballar na creación dun directorio de empresas, onde se lles proporcionará un espazo gratuíto para publicitar o seu negocio. Todos os comercios, empresas e autónomos do Concello que queiran aparecer na páxina web municipal, poden cumplimentar o formulario cos seus datos que atoparán nas oficinas municipais ou na propia páxina web.

A través deste formulario, empresas, comercios e autónomos de Pontecesures poderán facilitar os datos básicos e a información comercial da súa empresa ou actividade. Dita información quedará rexistrada para a súa consulta na páxina web municipal, www.pontecesures.org e no arquivo de comercios e empresas do propio Concello. A súa vez, a realización deste directorio permitirá remitir a todos os establecementos adscritos información puntual e actualizada sobre axudas, subvencións, cursos ou eventos que poidan ser do seu interese. 

8 de xullo de 2015 | 11:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.