publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O Concello de Pontecesures distribúe unha guía destinada a peregrinos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontecesures
A-
A+

Son moitos os peregrinos que diariamente pasan por Pontecesures percorrendo o Camiño Portugués cara a Santiago. E moitos deles precisan de servizos como a biblioteca, oficina de correos, protección civil entre outros.

O Concello de Pontecesures, atendendo a esta demanda, ven de realizar unha guía básica de servizos, que se distribuirá no propio albergue de peregrinos, así como en establecementos hostaleiros.

En breve, e atendendo os datos recabados no rexistro municipal de empresas, realizarase unha guía de establecementos hostaleiros.

Estas accións promocionais complementaranse coa instalación de tres paneis informativos situados no propio percorrido do Camiño ao seu paso por Pontecesures.

 

22 de xullo de 2015 | 11:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.