publicidade hoxe

O Concello de Palas de Rei vende o edificio das antigas dependencias da Garda Civil

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPalas de Rei
A-
A+
Antigas dependencias da Garda Civil

Antigas dependencias da Garda Civil

O Concello de Palas de Rei venderá o edificio das antigüas dependencias da Guardia Civil, situadas na Avenida de Compostela de Palas de Rei, no número 53.

O Concello Palense, unha vez inaugurado (en febreiro deste ano) o novo edificio da Guardia Civil (na rúa do Muiño), pretende enaxenar este antiquísimo inmoble de 288 metros cuadrados por planta, sito na Avenida de Compostela, en pleno centro da vila, ao carón do Camiño francés de peregrinaxe a Santiago. O inmoble que conta con sótano, baixo e primeira planta, tería posibilidades de construcción dunha segunda e terceira planta, así como, do aprobeitamento baixo cuberta. O edificio está estratéxicamente situado no centro neurálxico da vila o carón do Camiño de Santiago.

O organismo que tramita o expediente é o Concello de Palas de Rei, nas dependencias da secretaria (Teléfono: 982380001; Fax: 982374015). A tramitación é ordinaria, o procedemento a poxa. O importe do contrato (prezo de saída) é de 179.866,56 euros. O requisitos específicos do contratista e a solvencia económica e financieira e solvencia técnica e profesional. A data de presentación de ofertas e de 15 días dende o 31 de xulio de 2015(data de publicación do anuncio no BOP), as ofertas poderán presentarse, por correo, por telefax ou por outros medios electrónicos, informáticos ou telemáticos en calquera dos lugares establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común.

O alcalde Pablo Taboada matiza que o Concello opta por vender este inmoble ó fin de por en valor un edificio no Centro da Vila, toda vez que o Concello de Palas de Rei recibiu xa en propiedade o edificio do antiguo Centro Comarcal (un moderno edificio de 800metros cadrados situado no centro da vila en pleno Camiño de Santiago valorado en máis de un millón de euros e contiguo o que se pretende enaxenar). O diñeiro que se obteña nesta venda será destinados a proxectos de inversións e aportacións do Concello ós diferentes Plans de Obras.  

31 de xullo de 2015 | 13:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.