publicidade hoxe

O Concello de Miño leva a cabo traballos de mellora nas instalciones do CPI Castro Baxoi

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMiño
A-
A+
O alcalde de Miño na visita ás obras

O alcalde de Miño na visita ás obras

O Gobienro local de Miño iniciou unha seire de traballos de mellora nas instalacións do CPI Castro Baxoi. As tarefas, propostas desde a dirección do centro, levaranse a cabo ao longo das próximas semanas para que as melloras atópense listas antes do inicio do próximo curso no mes de setembro. Esta mañá o rexedor municipal, Ricardo Sánchez Oroza, visitou o colexio e supervisou os labores xunto coa diretora do centro.

Deste xeito, estase pintando no centro dúas aulas de secundaria, tamén a entrada desta e a sala de profesorado. Así mesmo píntanse otras dúas aulas de primaria que sufriron problemas de condesación. Tamen estase decuando as zonas de xardín que se atopan no acceso ao colexio e que presentaban un serio deterioro. Así mesmo, cortarase a herba de toda a zona verde ao redor do patio.

Nos próximos días protexeranse as columnas do patio. A intención é forralas para evitar posibles golpes dos alumnos e alumnas, sobre todo dos de educación Infantil. Para rematar repoñeranse tres cristais de seguridade que presentan desperfectos nas portas que dan acceso ao patio.

Doutra banda, estudarase a vía para renovar o portalón de entrada ao colexio que peresenta varias carencias desde o punto de vista da seguridade. Ademais, o Concello, a través dos operarios municipais, retirará mobiliario inservible e restos que serán trasladados ao momento limpo muncipal co obxectivo de liberar espazo e restructurar o pequeno almacén do que dispón o centro.

29 de xullo de 2015 | 18:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.