publicidade hoxe

O Concello de Frades inviste 132.000 euros no arranxos dunha vintena de pistas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFrades
A-
A+
Pista de San Mauro tras os arranxos viarios

Pista de San Mauro tras os arranxos viarios

O Concello de Frades vén de investir os 132.114 euros do DTC 93 da Deputación da Coruña no arranxo dun total de 21 pistas municipais nas distintas parroquias do municipio. “Arranxamos aquelas pistas onde había unha maior necesidade e que son moi empregadas pola veciñanza. Somos conscientes de que quedan moitas máis, polo que agora estamos traballando nun amplo plan de desbroce das pistas de monte”, explica o alcalde de Frades, Roberto Rey Martínez.

Os arranxos beneficiaron a todas as parroquias do municipio, repartidas en tres proxectos. No primeiro proxecto, cun investimento de máis de 48.000 euros, arranxáronse a pista entre Pumariño-O Castro, a pista de acceso a O Pazo e a pista de Fontao de Abaixo (na parroquia de Abellá); a pista entre Torre e Fonsa (en Aiazo); os accesos a Outeiro e a pista entre Vistalegre e Agro do Castro (en Galegos); e os accesos a Barazón (en Moar).

Tamén se investiron outros 48.000 euros no arranxo de pistas nas parroquias de Céltigos, Vitre, Ledoira e Añá. Concretamente, os camiños arranxados son: Alempante-Pista de Boado e Aboy a Ulloa (Céltigos); pista de Vilarxoán (Vitre); pista entre a cooperativa e Vilar (Ledoira); e pista de acceso a Sanamil e arranxos en Buzamonte (Añá). Finalmente, o terceiro proxecto destinou 35.000 euros ao arranxo de pistas en Papucín, Frades e Mesos. Neste caso, arranxáronse a pista entre Outeiro e Areosa, os accesos a Vimieiro e a pista de acceso a Zochal (en Papucín); a pista de San Mauro e os accesos a Reirís (en Frades); e a pista entre Caboladrón e Panica (en Mesos).

 

28 de xullo de 2015 | 12:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.