publicidade hoxe

O Concello de Ferrol condea o crime de Moraña e transmite as súas condolencias á familia das menores falecidas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

O Concello de Ferrol transmite a súa máis enérxica condea ante os tráxicos sucesos ocorridos neste venres en Moraña e que, segundo as primeiras informacións, poderían estar vinculados a un novo e lamentable caso relacionado coa violencia machista.

Dende a Concellería de Muller se transmiten as súas condolencias hacia a familia dos menores asesinados e se condea rotundamente calquera acto de violencia machista e de xénero, que debe ser atallado nunha sociedade que debe esixir tolerancia cero ante casos de desigualdade.

A concelleira de Muller, Beatriz Sestayo, anunciou que participará na concentración de condea convocada pola Marcha Mundial das Mulleres para este domingo ás 20:00 horas na praza de Armas. O Concello convoca un acto de repulsa que terá lugar ás 12:00 horas da mañá do próximo luns ante o consistorio municipal.

Desde a Concellería se incidiu na necesidade de establecer programas de prevención dende as idades máis tempranas para atallar comportamentos vinculados coa violencia de xénero na idade adulta. 

31 de xullo de 2015 | 20:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.